CARBALLO · A CORUÑA 26 DECEMBRO 2026 MAXIBASKET +35
Fotografía histórica dun equipo de baloncesto de Carballo

DÍA DO MAXIBASKET · CARBALLO 2026

Xogar.
Coidar. Compartir.

Este Código é o acordo común de todas as persoas que participan no torneo: equipos, xogadores e xogadoras, arbitraxe, acompañantes e organización.

XOGO LIMPO EN CADA PISTARESPECTO POR RIBA DO RESULTADOCONVIVENCIA DURANTE TODO O DÍA
O NOSO COMPROMISO

Competir si.
Gañar a calquera prezo, non.

O Día do Maxibasket nace para recuperar o pracer de xogar, reencontrarse e facer comunidade. A competición importa; o respecto ás persoas, ás decisións e ás instalacións é irrenunciable.

01

Respecto

O equipo rival, o arbitraxe e a mesa forman parte do mesmo partido. As decisións poden comentarse sempre con educación, nunca con insultos, ameazas ou xestos de desprezo.

02

Xogo limpo

Xogamos con intensidade, pero sen violencia nin accións temerarias. Celebramos o propio e recoñecemos as boas accións de calquera equipo.

03

Puntualidade

Os equipos deben estar preparados 20 minutos antes do seu encontro. A franxa de 30 minutos é un compromiso cos equipos que veñen despois.

04

Coidado

Coidamos as persoas, o material e as instalacións. Cada participante debe valorar se está en condicións de xogar e comunicar de inmediato calquera lesión ou incidencia.

COMO O LEVAMOS Á PRÁCTICA

Antes de xogar.

  • Equipación homoxénea e numerada.
  • Relación de xogadores e xogadoras dispoñible para a mesa.
  • A inscrición require un mínimo de 7 xogadores/as; son necesarias 5 persoas para comezar o partido.
  • Quen non poida comezar á hora fixada perde o encontro por 20–0. Se o horario o permite, poderase disputar un amistoso sen efectos clasificatorios.

Durante o partido.

  • Todos os encontros xóganse 5 × 5, nun único período de 20 minutos a reloxo corrido.
  • Hai un tempo morto de 30 segundos por equipo; o resto das adaptacións publícanse no regulamento deportivo.
  • Non se toleran insultos, ameazas, agresións nin actitudes discriminatorias.
  • As faltas técnicas, antideportivas ou descalificantes poderán ter consecuencias no seguinte encontro ou na continuidade no torneo.

Ao rematar.

  • Saudamos e agradecemos o partido, tamén cando o resultado non acompaña.
  • Deixamos o banco e a pista listos para o seguinte equipo.
  • As cuestións deportivas trasládanse á persoa responsable do equipo, nunca se discuten na pista.
  • As decisións organizativas buscan que todas as persoas poidan xogar e que a xornada chegue en hora ao seu final.
ACEPTACIÓN

Un torneo
de todos.

A inscrición e a participación supoñen a aceptación deste Código e do regulamento deportivo. A organización poderá adoptar as medidas necesarias ante unha incidencia grave ou para garantir a boa marcha da xornada.

Consultar o regulamento e os cruces →